Esta será a canción coa que o alumnado de 2º fará o desfile do Entroido.
VAIA MARCHA!
Os/as pícaros/as de 1º e 2º mergullámonos na Rede! Divertímonos aprendendo!
Esta será a canción coa que o alumnado de 2º fará o desfile do Entroido.
VAIA MARCHA!
O alumnado de 2º de Educación Primaria preparou este vídeo para o Día da Discapacidade, no que quere mostrar que non só nos comunicamos coa voz, senón de infinitas formas diferentes.
Finalizamos o curso cunha receita... moi xeada!
Despois de recoller os amorodos do horto escolar, os cales plantamos no educa-tribo de horticultura, fomos á aula de cociña para lavalos ben e realizar unha última receita: xeados de amorodos e laranxas en moldes con forma de estrelas e gatos.
A vindeira semana despediremos o curso refrescándonos cun xeado do máis natural (aclarar que non puidemos resistirnos a probar a receita, tal e como podedes ver nas imaxes da galería de fotos)
Presentamos os aniversarios lectores que celebramos ao longo do 3º trimestre: 8 aniversarios coa voluntaria e inestimable colaboración das familias.
Lecturas compartidas e diversas en forma de agasallo para todo o grupo-aula e dentro do programa Lectura e Familias.
O vindeiro curso, máis lecturas compartidas en familia!
Hoxe o alumnado de Educación Infantil e 1º de E.P. compartiron unha xornada de xogos na praia, tanto libremente como xogo de relevos, os aros, a petanca, pases... podedes ver todas as imaxes da xornada premendo no seguinte enlace: xogos na praia.
Finalizamos o curso coa tarefa integrada "Así son: animais e plantas". Actividades diversas que nos permitiron investigar, plantar, observar, crear, xogar... Ademais dos libros da nosa biblio, tamén aproveitamos os exemplares da maleta naturalista do CEIDA para para saber máis.
Retos cumpridos, da presentación que nos remitiu Leo, a nosa serea lectora:
Presentamos a última produción propia, grazas á colaboración das familias. Un receitario do máis diverso, receitas familiares propias que recollemos nun só documento para compartir con tod@s.
Animámosvos a que este verán... cociñedes en familia!
Presentamos a última actividade de centro relacionada co Día do Medio Ambiente: libros 3R.
Creatividade en acción, dando unha segunda vida aos libros expurgados: lapelas, transformación de ilustracións, novos elementos...
Reducindo, Reciclando e Reutilizando, todos os días do ano.
Celebrando o Día do Medio Ambiente presentamos o xogo de produción propia creado no 1º trimestre dentro da tarefa integrada "O noso universo".
Un xogo con casas especiais e casas-reto para desenvolver diversas aprendizaxes: Reducindo, Reciclando e Reutilizando.
Esperamos... vos divirta!
A última saída do curso foi do máis natural, visitando o Labirinto de Breogán (Vilarmaior) e o Parque Atenea (Arteixo)
Tod@s conseguimos chegar á torre central do labirinto, onde puidemos gozar das súas vistas e dos xogos tradicionais. Rematamos a xornada no parque, entre xantar e xogos compartidos.
Despedimos o curso na natureza, actividades de lecer ao aire libre entre compañeir@s.
Dentro do Programa Lectura e Familias recibimos á mamá de Daniela para compartir un conto con toda a clase co gallo do seu aniversario que será durante as vacacións do verán, concretamente o 8 de xullo.
O conto que nos leron foi Una historia de dos bestias, de Fiona Roberton.
Moitas gracias por vir e moitos parabéns por adiantado, Daniela. Unha aperta ben forte de tod@s nós.
O escritor Antón Cortizas, mestre xubilado, mantivo un encontro coas aulas de 2ºA e 2ºB/3º de primaria para falar sobre o seu libro, "Os versos da mariola", incluído no Plan Lector das aulas.
Unha xornada entre libros, brinquedos de papel e xogos de palabras que tan ben argalla Antón. Ao tempo, asinou os exemplares do alumnado, da biblioteca e entregounos un fermoso agasallo en forma de libro, "Tenrura", tamén asinado polo autor.
Agradecid@s a Antón pola súa amabilidade e bo facer, así como a Edicións Embora que nos facilitou o encontro.
Todo un éxito de xornada na nosa lingua, entre libros e brinquedos!
Actuación do alumnado de 1º E.P. coa colaboración da mestra de canto do conservatorio de Carballo e veciña de Malpica, Gloria Pardines, "San Hadrián é barqueiro".